20/05/2025
PROGRAMACIÓN.
Sábado 24 de 10h a 13.30h. ROTEIRO. CANTA ARTE SE AGOCHA NUNHA CUNCA DE VIÑO.
Percorrido cultural do viño con intervencións sorpresa e cata guiada. Un achegamento sensible ás ribeiras de Taboada.
Coñecer en directo o territorio, ás persoas que o habitan, camiñar entre os socalcos, descubrir a inclinación das ribeiras, e deleitarse coas maxestuosas vistas sobre o río, mentras se intúe todo o que pervive asolagado baixo o encoro...
A actividade é de balde, mais o aforo é limitado. IMPRESCINDIBLE inscribirse para poder participar. O percorrido realizarase en autobús, facilitado pola organización.
Reserva:
Enviar nome, apelido, email, idade e teléfono de contacto a [email protected]
Saída e regreso dende a Praza de Riazón