AFA Nós Oleiros

Cómo llegar

AFA Nós Oleiros AFA Nós Oleiros é a Asociación de Familias de Alumnos do CEIP Juana de Vega de San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña)

É un motor para a dinámica escolar e ten como obxectivos participar e axudar no funcionamento do centro ademais de contribuir ao logro de niveis óptimos de calidade en tódalas actividades nas que participan as nosas fillas e fillos.

🌱 COMPRENDENDO E ACOMPAÑANDO A ADOLESCENCIADesde a AFA Nós Oleiros compartimos esta interesante proposta formativa da Fe...
03/11/2026

🌱 COMPRENDENDO E ACOMPAÑANDO A ADOLESCENCIA

Desde a AFA Nós Oleiros compartimos esta interesante proposta formativa da Federación de ANPAS, dirixida a familias con fillas e fillos desde 5º de Primaria ata 4º da ESO dos centros educativos públicos.

Un espazo para comprender mellor esta etapa, coñecer as necesidades da adolescencia e adquirir ferramentas prácticas para acompañar as nosas fillas e fillos no seu día a día, coidando o vínculo e apoiando a súa autonomía.

📅 Sábado, 14 de novembro
🕤 De 09:30 a 13:30 h
📍 Centro Ágora, aula 9
Rúa Lugar da Gramela, 17 · A Coruña

👥 A formación será impartida por Jacobo Mosquera Martínez, educador social, e Lorena Cotelo Cobelo, terapeuta ocupacional pediátrica.

📝 Inscricións abertas! Podes inscribirte a través da seguinte ligazón:

🔗 https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScgZ9dRaGaDGiIgNN9HAFBHZbFFt4mOE2MipeaSUcl-3Yma1A/viewform

Animádevos a participar!

🌰 Lembrade que este xoves temos asemblea da AFA! 💚Aquí podedes apuntarvos para o servizo de coidadores e coidadoras:  ht...
26/10/2026

🌰 Lembrade que este xoves temos asemblea da AFA! 💚

Aquí podedes apuntarvos para o servizo de coidadores e coidadoras:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScqBFQC6LkKUIPuXrIV4zghy3O8wxEAjxsxbGOEniYu6Up8uA/viewform?usp=dialog

Vinde, que imos picar castañas! 🌰😋 Dous plans nun!

Precisamos de vós para que a AFA poida seguir achegando e contribuíndo á comunidade educativa. A vosa participación é crucial!

Se non podedes asistir, tamén podedes delegar o voso voto.

🔗 O enlace á asemblea que aparece na información anterior é incorrecto. Aquí vos deixamos o enlace correcto:
https://docs.google.com/document/d/1X-eXvYtAAdqvnxlESAXlKW2jwVPo8xLQ/edit?usp=sharing&ouid=101475809127488089063&rtpof=true&sd=true

Vémonos o xoves! 💚🌰

LUDOTECA DE CONCILIACIÓN PARA O 2 DE NOVEMBROO vindeiro luns 2 de novembro, día non lectivo no CEIP Juana de Vega, desde...
22/10/2026

LUDOTECA DE CONCILIACIÓN PARA O 2 DE NOVEMBRO

O vindeiro luns 2 de novembro, día non lectivo no CEIP Juana de Vega, desde a AFA Nós Oleiros ofrecemos ás familias unha alternativa para facilitar a conciliación familiar.

Unha xornada chea de xogos, creatividade, diversión e actividades en equipo para o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

🕘 Horarios e tarifas:

•⁠ ⁠Ludoteca: de 9:00 a 14:00h - 18 €
•⁠ ⁠Acollida opcional: de 8:00 a 9:00h - 5 €

📅 Prazo de inscrición: ata o 27 de outubro ás 12:00 h.

🌐 Inscricións a través de www.activa.org.

⚠️ A actividade realizarase sempre que se acade un mínimo de 10 participantes.

Agardamos que esta iniciativa vos axude a organizar mellor ese día!

📢 ASEMBLEA DO AFA E PREPARATIVOS DO SAMAÍN 🎃🌰Queridas familias:Adiantámosvos que o vindeiro 29 de outubro ás 18:00 horas...
16/10/2026

📢 ASEMBLEA DO AFA E PREPARATIVOS DO SAMAÍN 🎃🌰

Queridas familias:

Adiantámosvos que o vindeiro 29 de outubro ás 18:00 horas terá lugar a asemblea ordinaria do AFA. A convocatoria oficial enviarase proximamente, pero pedímosvos que reservedes xa esta data no calendario.

Durante a asemblea haberá un cambio de cargos na xunta e aproveitamos a ocasión para animar a todas as persoas interesadas a presentar a súa candidatura e dar un paso adiante para formar parte dela.

Quen desexe presentar a súa candidatura para formar parte da xunta deberá enviala antes do mércores 21 de outubro.

Participar na xunta é unha excelente maneira de contribuír á vida da nosa comunidade educativa. Cada vez son máis as actividades, as ideas e os proxectos que queremos levar adiante e cantas máis persoas sexamos, mellor poderemos repartir o traballo, compartir responsabilidades e facer realidade novas propostas.

Grazas á implicación das familias podemos impulsar actividades culturais, formativas e de convivencia dirixidas a toda a comunidade educativa. Cada axuda é valiosa e cada achega conta!

Ademais, ese mesmo día dedicaremos un tempo a preparar as castañas para celebrar o Samaín 🌰🎃. Será unha boa ocasión para atoparnos, colaborar e compartir un anaco de tempo como comunidade do AFA.

Animámosvos a participar, compartir as vosas ideas e, se vos apetece, formar parte da xunta! Xuntas e xuntos podemos seguir construíndo unha comunidade educativa máis activa, participativa e enriquecedora.

📅 Reservade a data: 29 de outubro, ás 18:00 horas.

Contamos con vós!

📣 ELECCIÓNS AOS CONSELLOS ESCOLARES 2026/27Este curso celébranse as eleccións aos Consellos Escolares, un espazo fundame...
06/10/2026

📣 ELECCIÓNS AOS CONSELLOS ESCOLARES 2026/27

Este curso celébranse as eleccións aos Consellos Escolares, un espazo fundamental para participar na organización, convivencia e mellora da escola.

👉 Preséntate. Vota. Participa.

Animamos a todas as familias a:

🔹 Informarse sobre o calendario e os requisitos.
🔹 Presentar a súa candidatura e representar as familias.
🔹 Consultar as candidaturas.
🔹 Participar nas votacións, tanto de maneira presencial como a través do voto telemático polo espazo Abalar.

🗳️ Novidade: voto telemático por Abalar.
Lembra que, se votas por Abalar, o voto non se poderá modificar e non poderás votar posteriormente de maneira presencial.

Desde a AFA consideramos fundamental achegar esta información ás familias e fomentar a súa participación. Que a AFA teña unha persoa representante no Consello Escolar non impide que outras persoas da Xunta Directiva ou calquera outra nai, pai ou representante legal poidan presentar a súa candidatura polo sector das familias.

📌 Consulta o calendario concreto, os prazos e as instrucións de votación.

🏫 A escola pública tamén se constrúe coa túa voz.

♿ ESTAS PRAZAS SON PARA ELES E ELAS.No noso colexio hai prazas de aparcamento reservadas para persoas con mobilidade red...
18/09/2026

♿ ESTAS PRAZAS SON PARA ELES E ELAS.

No noso colexio hai prazas de aparcamento reservadas para persoas con mobilidade reducida, situadas preto dos accesos.

Queremos lembrar algo moi sinxelo pero importante: estas prazas deben respectarse sempre e non ser ocupadas por outros usuarios, nin sequera “só por uns minutos”.

Para unha persoa con mobilidade reducida, ter unha praza accesible preto da entrada non é un privilexio, é unha necesidade. Facilita o acceso ao colexio e contribúe á súa autonomía, seguridade e benestar.

Sabemos que ás veces as présas, a falta de espazo ou un momento de descoido poden levar a ocupar estas prazas. Por iso, simplemente pedimos un pouco de empatía e responsabilidade entre todos e todas.

💙 Respectar as prazas reservadas é facer que o noso colexio sexa máis accesible, inclusivo e respectuoso.

Grazas por colaborar e por axudarnos a construír, entre todos, un espazo no que cada persoa poida acceder ao colexio nas mesmas condicións.

📢 AVISO IMPORTANTE – RECOLLIDA DO COMEDOR ESCOLARLembramos ás familias os horarios de recollida das crianzas:🍽️ Primeiro...
17/09/2026

📢 AVISO IMPORTANTE – RECOLLIDA DO COMEDOR ESCOLAR

Lembramos ás familias os horarios de recollida das crianzas:

🍽️ Primeiro turno: de 15:00 a 15:15 h
🍽️ Segundo turno: de 15:45 a 16:00 h

🌧️ AVISO, especialmente para as novas familias de Infantil

Cando vexades BANDEIRA VERMELLA 🚩 no portalón de abaixo, significa que está a chover ou que o patio de Infantil está mollado.

Nese caso, para recoller as crianzas, deberedes entrar polo portalón onde está colocada a bandeira e dirixirvos ao pavillón.

Grazas pola vosa colaboración e por axudarnos a organizar as recollidas de maneira segura e ordenada.

XORNADAS PORTAS ABERTAS “PONTE AODÍA”En “Ponte ao Día”, no CEIP Juana de Vega, acompañámolos para que aprendan a organiz...
09/09/2026

XORNADAS PORTAS ABERTAS “PONTE AO
DÍA”

En “Ponte ao Día”, no CEIP Juana de Vega, acompañámolos para que aprendan a organizarse, facer os deberes, mellorar as súas técnicas de estudo e, sobre todo, gañar confianza nas súas propias capacidades.

✨ Unha hora á semana para:
📖 Poñerse ao día cos deberes e tarefas.
💡 Aprender técnicas para estudar mellor.
🇬🇧 Reforzar o inglés.
🎯 Recibir un seguimento máis personalizado.
💪 Mellorar a autonomía e a confianza.

Luns e mércores, de 16:00 a 17:00 h.

E se aínda tes dúbidas… ven probar! 😊
Temos xornadas de portas abertas os días 21 e 23 de setembro. Podes vir un dos dous días e coñecer a actividade sen compromiso.

📲 Reserva a túa praza por WhatsApp: 697 433 122

🍽️ MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE 🍎🎒Comezamos un novo curso con enerxía, ilusión e, por suposto, unha...
09/09/2026

🍽️ MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE 🍎

🎒Comezamos un novo curso con enerxía, ilusión e, por suposto, unha alimentación equilibrada!

Desde a AFA Nós Oleiros, compartimos o menú do comedor do CEIP Juana de Vega correspondente ao primeiro trimestre do curso 2026-2027.

📅 Consulta na imaxe o menú de setembro, outubro, novembro e decembro.

Bo proveito e feliz curso!

🌿 Xa está aberto o Programa Bono Concilia Familia 2026!Unha axuda destinada a facilitar a conciliación da vida persoal, ...
01/09/2026

🌿 Xa está aberto o Programa Bono Concilia Familia 2026!

Unha axuda destinada a facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias galegas ante situacións puntuais ou durante os períodos de vacacións escolares.

👨‍👩‍👧‍👦 Quen pode solicitala?
Familias residentes en Galicia con nenas e nenos nacidos entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2022.

💡 Que gastos poden cubrirse?
✔️ Atención infantil a domicilio
✔️ Contratación temporal dunha persoa empregada do fogar para o coidado
✔️ Ludotecas e outros servizos de conciliación autorizados
✔️ Campamentos e outros recursos colectivos durante as vacacións escolares

💶 A axuda pode alcanzar ata o 100 % do gasto en determinados supostos e ata o 75 % no resto dos casos, cos límites establecidos na convocatoria.

📅 Prazo de solicitude:
Do 9 de setembro de 2026, ás 9:00 h, ao 9 de outubro de 2026, ás 14:00 h.

💻 As solicitudes deben presentarse por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

✨ Infórmate e aproveita esta oportunidade para facilitar a conciliación familiar!

Dirección

Rúa Concelleiro Alfredo Novoa, 1
Oleiros
15176

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AFA Nós Oleiros publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Empresas De Automóviles cercanos